Audiolibros gratuitos

Amazon ven de unirse a moitas outras institucións privadas e públicas, que para conseguir facer levadeiro este período de incertidume e de reclusión, ofrecen de xeito gratuito o acceso a materiais do máis atraíntes e valiosos.

Mentres os colexios, institutos e bibliotecas estén pechados, Audible ofrece a nenos e maiores acceso a audiolibros en seis linguas diferentes, que, como eles mesmos dín, axudarannos a seguir soñando e aprendendo.

Como exemplo da gran calidade das lecturas, podemos escoitar Alice’s Adventures in Wonderland leído por Scarlett Johansson, recoñecida actriz, que enche de vida a cada unha das persoaxes, proporcionándolles voces e personalidade inesquecibles.

https://stories.audible.com/start-listen

Rosa María Villar Villamil