As mariscadoras: A vida pendente das mareas

O marisqueo a pé supón no país uns 25 millóns de € e dá traballo a mais  de 6.000 mulleres coma María:
 
«Eu sempre digo, coa boca moi chea, que ser mariscadora é un orgullo, pero é un traballo moi duro». Lembra  que antes ían descalzas, «traballabamos cos pesiños como viñemos a este mundo, e as mans, a sangrar co frío».


Ela sabe nin cando comezou a ir ó mar, so que cando a súa nai  a meteu  na escola, con sete anos, ela xa mariscaba.