Alumnado francés do Lycée Raymond Savignac en Chan do Monte

Dende o xoves 7 de febreiro e ata o xoves 14 teremos no noso instituto a un grupo de estudantes franceses do Lycée Raymond Savignac de Villefranche de Rouergue que participan no intercambio organizado dentro do programa Erasmus+. O venres realizouse a primeira actividade do proxecto. Consistiu nun taller de consumo responsable e merenda de produtos estacionais e de km 0 impartido por “A Tenda da Gata”. O resto da semana visitarán Santiago de Compostela, Marín e o seu mercado, O Grove e as súas bateas e tamén participarán nun mercadillo ecolóxico que se realizará en Chan do Monte.