Admisión e matrícula Ciclos FP e FP Básica curso 2023-2024 (prazos)

Admisión e matrícula curso 2023-2024 para ciclos de grao medio e de grao superior

O procedemento de admisión e matrícula de alumnado en ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario, para persoas adultas e FP Dual (Orde do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27) de Admisión de alumnado), pódese consultar na páxina http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral

  • Calendario de admisión e matrícula Ciclos Medios e Superiores
  • Calendario de admisión e matrícula FP Básica
  • O alumnado do réxime ordinario que teña que repetir 1º curso de ciclos, aínda que ten permanencia no centro por unha vez, deberá facer a admisión a través da aplicación web e presentala en secretaría (se a aplicación llo require) no período comprendido entre o 23 de xuño e o 5 de xullo.
  • O alumnado do réxime ordinario que se matricule de módulos de 2º de ciclos ou que repita 2º curso (por  1ª vez),  ten permanencia no centro, deberá facer a admisión e matrícula no centro no período comprendido entre o 23 de xuño e o 5 de xullo.
  • O alumnado do réxime ordinario que se matricule de módulos de 2º de ciclos (por  2ª ou mais veces ou veñen doutros centros),  deberá facer a solicitude de admisión no centro no período comprendido entre o 23 de xuño e o 5 de xullo, quedando a súa matricula supeditada a que haxa prazas libres.
  • O alumnado que se matricule do módulo de FCT para o período extraordinario de Setembro a Decembro,  deberá facer a matrícula  no centro durante o mes de xullo.
  • O alumnado de FP Básica que se matricule de módulos de 2º curso ou que repita 1º curso,  deberá facer a admisión e matrícula no centro no período comprendido entre o 26 de xuño e o 6 de xullo.
  • Con motivo de facilitar unha mellor organización, o centro establecerá unhas colas prioritarias de matrícula nuns días concretos só para os alumnos que se matriculen ou fagan admisión en:
    • 2º do réxime ordinario de ciclos formativos de grao medio ou superior para o curso 2023-2024 (incluídos repetidores de 2º por 1ª ou sucesivas veces ou que veñan doutros centros): 3 ao 5 de xullo.
    • Matrícula no módulo de FCT no período de Setembro-Decembro : Do 13 ao 18 de xullo.
    • 2º de FP Básica ou repetidores de 1º curso para o curso 2023-2024 : Do 3 ao 5 de xullo.