Achegamento dos xóvenes ao mundo directivo

A Dirección Xeral de Xuventude coa colaboración da Asociación para o progreso da dirección (APD) vai realizar en Santiago unha xornada de encontro entre “mozos que veñen de rematar os seus estudos con dificultades para acceder ao mercado laboral ou emprender os seus propios negocios, directivos que buscan novos talentos para as súas empresas, e directivos que se encontran en situación de desemprego”.

O encontro terá lugar en Santiago de Compostela, na sede do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), o próximo 10 de maio dende as 16,30 horas ata as 21,00 horas. A asistencia é gratuita.

Adxúntanse dous arquivos: un con información sobre o encontro e outro co boletín de inscripción.