1º CERTAME E ti, a quen levas no corazón?

Respostar a esta pregunta pode ser doado ou non tanto….párate un momento a pensar o que realmente importa. Dende a Biblioteca do centro animámoste a facelo e ti elixes a maneira de compartilo. Podes facelo cun microrrelato, unha canción, un poema, unha carta ou unha fotografía.

Tes de prazo ata o 14 de Febreiro

Agardámoste!