10ª Semana Mundial de Alfabetización Mediática e Informacional polo ben público

Trátase do eixe fundamental de traballo da nosa Biblioteca neste curso e nel se inscribe o primeiro curso de inmersión tecnolóxica que ofertamos a todo o alumnado do centro, o Curso de Edición de Vídeo. O curso foi impartido por José Luis Aragón Seijo, profesor do centro, nas últimas semanas como parte da celebración da 10ª Semana Mundial de Alfabetización Mediática, fomentando a creatividade e as competencias trasmediáticas do curso de 2º ESO.

A UNESCO propón este pacto a nivel mundial. Visita a páxina en.unesco.org para te informar e faite milclicker!!

Rosa María Villar Villamil

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *