Primeira busca. Pistas:
- Buscamos un representante da NOVA NARRATIVA GALEGA (1950-1970)
- Naceu nunha “vila nova” cun pasado histórico importante, representado na súa “Torre de homenaxe”
- Neste libro déixase engaiolar polos himenópteros e polos hemípteros.
- O libro componse de dez relatos breves.
Segunda busca. Pistas:
- O nome do autor da novela cuxo título tes que atopar coincide cun dos días da semana.
- No título do libro aparece a mesma palabra que nunha obra de Francisco Castro editada na colección Fóra de xogo de Xerais.
- É unha obra de intriga que leva ao lector ao mundo da Galicia mariñeira.
- O autor comezou a súa andaina literaria cunha novela policial que ten como protagonista ao inspector Caldas.
Terceira busca. Pistas:
- A autora do libro que imos regalar gañou no 2004 o premio da crítica deGalicia cunha obra que recolle no título o seu propio nome.
- A novela en cuestión conta a viaxe de retorno dunha muller á casa e ao seu pasado.
- Por se aínda non acertaches o tíulo, direiche que esta obra narrativa ten un título que fai referencia a uns cetáceos mariños de gran tamaño.
Tags: letras galegas

Semana das Letras Galegas: tres buscas, tres premios
Descubre o autor e o título do libro que propoñemos.
Se atopas o libro na biblioteca, será teu, e gañarás tamén unha banda deseñada.
Tags: letras galegas
O venres 24 buscábamos un libro que ven de ser publicado. Estas eran as pistas
O LIBRO
Un estudante alemán en viaxe de estudos en Granada rouba nunha tenda un vello azulexo. Nese momento sucede algo extraordinario…
O título do libro leva o nome do máis emblemático monumento de Granada.
O AUTOR
Recibiu o Premio Alemán de Literatura Xuvenil
E aquí tedes o libro que buscábamos: Alhambra, de Kirsten Boie

O gañador foi Doramas Estévez Graña
Tags: semana do libro
Descubre o nome destes autores e gaña un libro de cada un
O primeiro é italiano. Naceu en Cuba no 1923 e finou en Italia no 1985. Unha obra: La nuvola di smog .
O segundo é francés, naceu en París no 1924. Unha obra: Vendredi ou les limbes du Pacifique
Tags: semana do libro
MÉRCORES, 22 DE ABRIL

Escritor ruso, un dos grandes do século XIX. Buscamos unha obra autobiográfica na que o autor desvela o episodio máis sentido da súa polo entón lonxana mocedade.
PISTA: O autor naceu no 1818 e finou en Francia no 1883. Á súa obra Apuntes dun cazador provocou que o zar Alexandre II decidise poñer fin á escravitude.
SOLUCIÓN Á BUSCA DO 21 DE ABRIL
AUTOR: Alain-Fournier
OBRA: O gran Meaulnes
GAÑADOR: Manuel Pardavila Freire
Tags: semana do libro
MARTES 21
Descubre quen é este escritor e busca o libro na biblioteca

Autor francés, desaparecido en combate na primeira guerra mundial, coñecido sobre todo por unha obra que narra a búsqueda da felicidade dun adolescente.
Pista: naceu no 1886 en La Chapelle d’Anguillon
Tags: semana do libro
(api-ning.com)
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Durante esta semana regalaremos un libro cada día. Mira a pista que colocaremos nos tablóns da entrada e escaleiras e busca o libro na biblioteca durante o recreo (fai a busca nos andeis por autor)
Tags: dia do libro, semana do libro
El hombre de la máscara
Por biblioteca | Clasificado como Presentación, recomendados | Sen comentariosO venres 27 de marzo durante o recreo, na Biblioteca, lectura do relato “El hombre de la máscara”, de Miriam Entenza. Acompañada ao violín por Tatiana Cidrás.
Miriam Entenza naceu en Marín o 2 de outubro do 1993. Estudou no CEIP de Seixo e na actualidade estuda no IES Chan do Monte.
Aficcionada dende moi nova a lectura , a música e a escritura, cultiva sobre todo o xénero lírico e a relato fantástico. El hombre de la máscara supón unha incursión no xénero do suspense.
No seu haber figuran distintos galardóns como O Máis león , e foi finalista noutros concursos organizados pola biblioteca do IES.

Agustín Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil
Por biblioteca | Clasificado como Premios | Sen comentariosEntrevista con Agustín Fernández Paz en EL PAÍS. Para ler a entrevista, fai clic aquí.
Tags: Agustín Fernández Paz, Premios


